Skip to main content

A tempestade

Representación teatral
  • Luns, 29 Xuño, 20:00
    Sala Exposicións Auditorio Municipal
  • Compañía

    Asociación cultural Abra (Proxecto Luzazul)
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Todos
  • Duración

    45'

Luzazul é un proxecto promovido polo concello de Cangas no que participan persoas con diversidade física e intelectual. Laboratorio teatral onde se investigan diferentes propostas para sacar a luz todos os potenciais, cualidades, pensamentos, desexos, emocións e contribuir a coñecernos e que nos recoñezan. Un dos obxectivos principais é integrar ás persoas con diversidade funcional e intelectual na vida social e cultural a través do teatro. Inclusión, dinamización e visibilización.


Creación colectiva. O poder unido ao medo anula a creatividade, a risa, a música, a danza. as palabras. Queremos facer unha homenaxe ás persoas valentes que viaxan ao outro lado das fronteiras para recuperar con pequenos xestos a liberdade. A historia comeza cun texto da obra "A tempestade" de William Shakespeare, onde se provoca unha tormenta, dende un poder máxico, absurdo.


FaLang translation system by Faboba