A utópica rodante “De Vilatriste a Vilalegre”

Domingo, 30 Xuño 2024 20:30
Praza da Constitución
  • Compañía: TEATRO O CUBO en coprodución co CDG
  • Procedencia: Galiza
  • Dirección: Co-Dirixido por Sofía Espiñeira e Roberto C. Mouriño.
  • Autoría: Roi Vidal Ponte
  • Destinado a: Familiar
  • Presentación: 2024
  • Duración: 50’

A Compañía

Teatro O Cubo en coprodución co Centro Dramático Galego aposta por dar o protagonismo aos monicreques neste reto escénico coa teima de sempre: que persoas de todas as idades poida gozar das súas propostas. Beatriz Vega encárgase do deseño e a plástica, Roi Vidal crea unha disparatada trama na que se mestura identidade rural galega, superpoderes e 40 anos de Centro Dramático Galego. O resultado é unha divertida peza de títeres que percorre Galiza a bordo da “Utópica Rodante”, un vehículo que transportará o teatro por todos eses concellos que ousen acoller esta intrépida proposta.

Sinopse

Trepas é o alcume dun xoven habitante de Vilatriste enredado inesperadamente nunha singular aventura: salvar a vila das fauces dun malvado dirixente. Axudado por unha singular superheroína descobren a fórmula para vencer ao seu inimigo pero... funcionará?

Ficha artística

  • Texto de Roi Vidal Ponte
  • Deseño e plástica de Beatriz de Vega
  • Interpretado por Uxía Algarra e Roberto Casal Mouriño
  • Co-Dirixido por Sofía Espiñeira e Roberto C Mouriño

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.