Skip to main content

El peor espectáculo del mundo... de momento!

Estrea en Galicia
  • Mércores, 24 Xuño, 21:30
    Auditorio Municipal
  • Compañía

    Zanguango Teatro
  • Procedencia

    Euskadi
  • Público

    Público Adulto, Público Familiar
  • Presentación

    2025
  • Duración

    60'

Fundada en 1993, Zanguango Teatro produciu e produce espectáculos tanto de rúa como de sala. O noso traballo baséase en técnicas de creación colectiva, no físico, o movemento, na utilización do espazo e o ritmo como eixos da acción dramática. Os nosos temas refírense o comportamento humano en todas as súas facetas, buscando a parte máxica, desconcertante e divertida das situacións máis cotiás e reconocibles. Facemos un teatro de banda larga, e apostamos polo humor, pero o humor crítico, corrosivo, comprometido co social co político, co humano, que bascula cara á traxedia, a poesía, a ironía e o absurdo, para rirnos do patéticos que somos todos, un teatro con personalidade propia, do século XXI, contemporáneo, honesto, sen artificios nin trucos.


Un delirante documento, un BIOPIC protagonizado por un heroe de barrio, un ser prescindible que está no mundo porque ten que haber de todo. Un acto de amor cara a todas esas persoas que se fan a si mesmas con baixo orzamento e malos materiais. Unha peza cómica sobre quen intenta ser alguén, pero, ao final, a súa vida é como a dos coellos, que saltan de matogueira en matogueira sen deixar rastro e, ao mirar atrás, só ven o medo ás escopetas. “Cando xa non hai nada ao que acollerse, só nos queda o riso”.

  • Intérprete: Txubio Fernández de Jauregui
  • Autores: Txubio Fernández e Miquel Muñoz
  • Prof Danza Butoh: Ainhoa Alberdi
  • Vídeo e Fotografía: Beñat Fontaneda
  • Escenografía: Carlos Pérez
  • Edición Son: Marc Canou
  • Asesor Musical: Bingen Mendizábal
  • Produción: Zanguango Teatro
  • Dirección: Miguel Muñoz


FaLang translation system by Faboba