O autor e director teatral Ángel Calvente, cun selo absolutamente propio e da man da súa compañía El Espejo Negro, creada en 1989 por el mesmo, soubo labrarse un camiño no difícil mundo do Teatro, creando escola dentro do panorama teatral español, sobre todo no mundo das marionetas. A Compañía foi avalada e premiada pola crítica e o público a través das súas montaxes, que pasaron por programaciones e festivais de Europa, América e Asia. Teñen no seu palmarés tres PREMIOS MAX: MAX 2009, MAX 2012 e MAX 2022.
José Luis é un xoven apoucado que traballa nunha funeraria. Un día durante un servizo nun cárcere coñece a un verdugo chamado Amadeo. Por culpa do destino e un maletín, José Luis coñece a Carmen, filla de Amadeo. Conxenian rapidamente e despois de ser sorprendidos polo pai, en plena intimidade amatoria, vense na obriga de casar. Nese mesmo momento, un padroado oficial concédelle a Amadeo unha vivenda onde poder residir xunto á parella de recén casados que, ademáis, espera un fillo. Pero, chegada a xubilación, todos deberán abandoar a casa, salvo que o seu xenro herde o seu cargo e se converta, tamén, en verdugo. Presionado polo sogro e a súa muller e resistíndose á idea, José Luis remata por aceptar, na crenza de que non vai ter que levar a cabo ningunha execución.
44º Edición do Festival de Teatro Ciudad de Palencia 2023
X PREMIOS LORCA Academia de las Artes Escénicas de Andalucía 2024
VIII PREMIOS ATENEO DE TEATR0 de Málaga 2023