O último que apague a luz

Venres, 28 Xuño 2024 20:30 | Mércores, 03 Xullo 2024 20:30
O Hío | Praza da Constitución
  • Compañía: A Vela Circo
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Walter Velázquez
  • Autoría: A VELA CIRCO
  • Destinado a: Familiar
  • Presentación: 2023
  • Duración: 50'

A Compañía

Santiago Montero e Ana Cuervas, cruzámonos nun laboratorio circense, no que comezamos a sentir esa sensación de gozo, extraendo a técnica dende a emoción e deixándonos levar polos nosos verdadeiros impulsos. Tomando o tempo necesario para a investigación, descubríndonos como parella, izamos as velas do noso barco e comezamos a navegar, sen rumbo, co vento a favor. Transformando a técnica como a nosa ferramenta de expresión, integrándoa nos actos máis cotiás da nosa vida. Reproducíndo metáforas, expresando o circo como linguaxe poética e revolucionaria.

Esta embarcación coñecida co nome de A Vela foi creada para pescudar as novas mareas do circo contemporáneo e intentar combater, dende o humor e o absurdo, o aborrecemento do día a día. O noso barco é o espazo escénico e a vela, o circo.

Sinopse

Co acordo das nosas familias do circo e respectando as tradicións, preguntámonos: si dous pallasos casasen, qué acontecería?

Dende o humor e o circo, este espectáculo colle como punto de partida o universo creado por dous pallasos que deciden casar. Qué pode acontecer?

Esta aloucada cerimonia faranos reflexionar sobre o porqué de certas tradicións. Esnaquizarán a torta e comerán o ramo?.
A través do movemento e o circo aparecerán as historias máis cómicas que podas imaxinar. Neste ritual, como en toda gran voda, mesturanse o clown, equilibrios sobre torta, manipulación de obxectos entre velos e o lanzamento olímpico do ramo.

Todos estes elementos conxúganse na procura dun circo do absurdo, o ritmo e a poética do caos do noso tempo.

Ficha artística

  • ELENCO Ana Cuervas, Santiago Montero
  • IDEA ORIXINAL A Vela Circo, Ignacio Herrero
  • DIRECTOR Walter Velázquez
  • COORDINADOR E DIRECTOR ARTÍSTICO Ignacio Guerrero
  • VESTIARIO Alejandra Astrada, Yoli Urquiza
  • ACOMPAÑAMENTO ARTÍSTICO Natalia Outeiro «Pajarito»
  • DESEÑO E IMAXEN Jesús Graña

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.