Skip to main content

Enfiando os retrincos do camiño de Ningures, nas pegadas da memoria

Performance
  • Sábado, 27 Xuño, 20:30
    Vestíbulo Auditorio Municipal
  • Compañía

    Teatro de Ningures
  • Procedencia

    Galiza
  • Duración

    60'
  • Casilda Alfaro
  • Pepa Barreiro
  • Sonia Rúa

Dende a súa fundación en 1986, Teatro de Ningures vive por e para o teatro, o teatro que quere facer, un teatro de actualidade, ambicioso, comprometido coa realidade e coa comunidade.

A compañía, implicada co seu territorio, nútrese da fabulosa materia prima profesional e social do Morrazo, comarca tradicionalmente vencellada ao teatro, na que abundan artistas en todas as disciplinas: autoría, interpretación, espazo sonoro, escenografía e imaxe.

Facemos teatro dende o próximo na procura do universal, así o demostran os máis de 30 espectáculos creados, producidos e distribuidos por toda Galiza e o resto do estado.

A nosa actividade creativa complétase cunha área pedagóxica e outra organizativa:
A pedagóxica, dende 1999, a través das Aulas de Teatro da Universidade de Vigo e Pontevedra e, dende 2008, coa Escola de Teatro de Cangas. A organizativa a través da Mostra Internacional de Teatro Universitario (MITEU), da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) ademáis da creación, organización e dirección do macroespectaculo teatral e musical, “A Defensa da Vila. María Soliña”.

Un labor íntimamente relacionado co Teatro Comunitario, un dos piares nos que se fundamenta a nosa principal razón de existir.


FaLang translation system by Faboba