A ETC, espazo de formación teatral xestionado por Teatro de Ningures, é xa unha referencia teatral e cultural da comarca que ofrece á veciñanza unha opción formativa para achegarse ao teatro e enriquecerse como persoa, tanto individual como socialmente. Unha oferta pedagóxica de proximidade, capaz de xerar afección e novos públicos para esta arte. Neste curso ampliamos a oferta a dous obradoiros: ESCRITA TEATRAL impartido por Santiago Cortegoso e DIRECCIÓN TEATRAL impartido por Salvador del Río
Os participantes enfrontáronse á creación dun texto teatral e logo á súa posta en escena, dende a idea inicial, a análise e estudo previo, as personaxes, a escenografía, vestiario, espazo sonoro e lumínico e participando como intérpretes nos outros traballos, ata chegar ao momento da confrontación dos resultados co público.... Unha viaxe integral por todo o proceso de creación escénica, polo teatro, onde aínda é posible formar parte esencial e dar un punto de vista personal. Participan: Alicia Bermúdez Martínez, Anton Abal Rúa, Belén Nogueira Bernárdez, Juan Luis Pérez Martínez, Luz Álvarez González, María Enríquez Barroso, Natalia Piñeiro Piñeiro, Paula Castro Lopez, Sara Nieto Gil, Xurxo Fernández Alonso