A Escola de Teatro de Cangas nace en 2008 co obxectivo de facilitar o coñecemento da práctica teatral e mostrarlle ao público o resultado dese traballo coa posta en escena de obras de teatro interpretadas polo seu alumnado, da man do equipo profesional de Teatro de Ningures e de destacados profesionais da escena galega.
19:30 · Alameda Vella
A MOSTRA AXUDA: Ruada. Alumnado Obradoiro Teatro de Rúa da ETC.
Cremos que o teatro de rúa se complementa co público, por iso imos invitar á veciñanza a formar parte deste pasarrúas e que sexa ela mesma quen decida se acepta ou non o xogo proposto.
21:00H · Sala Exposicións Auditorio
RECICLAR PENSAMENTOS: Acción. Alumnado Obradoiro Corpo Creativo da ETC.
Investigación sobre como baleirar as mentes saturadas de ruído. Non podemos deixar o noso lixo mental en calquera parte.
22:00 · Auditorio Municipal Cangas
3x4 MASILUNA: Espectáculo. Alumnado Obradoiro Posta en Escena da ETC.