A MITCFC, co afán de colaborar co teatro non profesional, organiza unha Mesa redonda para reunir aos distintos colectivos que forman parte do teatro amador co obxectivo de tratar as distintas singularidades do teatro que se fai na escola, na universidade e en grupos de teatro amador, estean federados ou non.
Participan:
Fernando Dacosta, docente, actor e director.
Lois Soaxe, actor e docente.
Rosa Estévez, docente, dramaturga e directora.
Marina Gómez Pose, docente e directora.
Fernando Castro Paredes, docente, director e dramaturgo.
Raquel Castro, docente, dramaturga e directora
Chelo Pampillón, presidenta da Fegatea, directora e dramaturga.