GALEGAS NA MÚSICA é unha escolma de biografías de mulleres galegas dedicadas á música, dende a primeira xograresa ata as máis recoñecidas músicas contemporáneas. Un traballo reivindicativo do lugar das mulleres na historia e que, ao tempo, reivindica a música tradicional galega, representada de xeito moi especial polas pandeireteiras e cantareiras.
Isabel Blanco é escritora e avogada. Especialista en Dereito Matrimonial e de Familia e en Violencia de Xénero e Menores.
Autora de diversos libros de relatos, da biografía novelada “María Vinyals, un talento rebelde”, do poemario “Verbas cum” e da serie “Rosaura” de literatura infantil. A súa mirada feminista e comprometida coa igualdade guía as súas publicacións recentes, todas elas publicadas por Belagua Ediciones: ”Bambú”, obra que denuncia a violencia patriarcal no ámbito familiar, os álbumes ”Galegas na Ciencia” (2021), “Galegas nas Artes” (2023) e “Galegas na Música” (2025), ilustrados por María Lapido, e dedicados a divulgar as biografías de mulleres que, malia súa valía, foron invisibilizadas, silenciadas e non gozaron do recoñecemento que recibiron os seus homólogos varóns.