I Xornadas de inclusión e teatro

Luns, 01 Xullo 2024 11:30 | Martes, 02 Xullo 2024 17:00

Nesta 41 edición, imos poñer o foco na inclusión real das persoas con diversidade funcional na nosa sociedade. Levamos anos colaborando con diversos colectivos que amosan o seu traballo teatral no marco da Mostra mais, agora, queremos avanzar con determinación para que esa necesaria inclusión sexa urxente e real. E o teatro semella ser de excelente axuda. 

LUNS, 1 XULLO.

SALÓN DE PLENOS CONCELLO. 11:30H – 13:00H

OBRADOIRO-CHARLA: HELLEN KELER, A MULLER MARABILLA. Problemas, retos e ferramentas para facer unha obra inclusiva e accesible.

Imparten: ÁNGELA IBÁÑEZ, PATRICIA DE LORENZO E CHUSA PÉREZ

Por algunha ou varias razóns, Chévere estreou este ano, “Helen Keller, a muller marabilla?”, unha obra feita para ser inclusiva e accesible. Nin nós mesmas sabiamos o significado real destes dous cualificativos. Nós, como parte dese mundo “sen discapacidade”, pensamos que con estar sensibilizadas co tema, xa abondaba. E comprobamos que non. Foi unha labazada gustosa decatarnos de que non sabiamos case nada. 

Este obradoiro ten como obxectivo compartir como foi a experiencia de facer unha obra accesible para persoas con discapacidade auditiva, visual e xordocegueira e dar as claves necesarias para facer unhas Artes Escénicas que poidan interesar a un público diverso. Un obxectivo que, para se cumprir, precisa de implicación e compromiso desde os ámbitos da creación, a produción, a exhibición e as políticas culturais

PRAZA DO COSTAL. 19:00H 

LA BLANCA NIEVES de Furafollas Teatro. 

Actuación teatral do grupo de teatro amador da Asociación Doa Saúde Mental/ CRPL Cangas. 

SALA EXPOSICIÓNS AUDITORIO. 20:00H.

SELVA do Colectivo LUZAZUL.

Actuación escénica de LUZAZUL, laboratorio de investigación co teatro como ferramenta e no que participan persoas con diversidade física e intelectual. 

MARTES, 2 XULLO. 17-20H

SALÓN DE PLENOS DO CONCELLO. 

TEATRO E INCLUSIÓN. ENCONTRO.

PARTICIPAN: 

FRAN REI REGUEIRO de ARTEFEITO. SCOOP. GALEGA
Nos últimos oito anos ven desenvolvendo un traballo constante de integración social a través do teatro con colectivos de persoas con discapacidade como, CON ELES, Andaina PSM (Dodro) o AVANTE (Val do Dubra), cos que realiza talleres de artes escénicas e montaxes teatrais.

ESTELA LÓPEZ FERNÁNDEZ e MARCOS SÁNCHEZ ARMESTO da Asociación ATEMPO
ATEMPO, asociación cultural de carácter inclusivo, centrada na formación en habilidades emocionais e sociais de persoas con vulnerabilidade ou en risco de exclusión social utilizando a  Neurolingüística e a Pedagoxía Teatral para mellorar a súa autoestima e confianza.     

SÓCRATES PÉREZ DE LA CAMPA de DOA SAÚDE MENTAL/CRPL CANGAS
Furafollas é unha compañía de teatro afeccionado no eido da saúde mental que utiliza o teatro como instrumento de ocio e como xeito terapéutico para contribuír á loita contra o estigma. 

MAITE CAMPOS, ALBERTO CASQUEIRO, PILAR BERNARDEZ e YAGO PINTOS de LUZAZUL LUZAZUL, laboratorio de investigación que, dende a expresión, utiliza a ferramenta do teatro co obxectivo de sacar á luz os seus potenciais, caulidades, pensamentos, desexos, emocións para contribuír a coñecernos e a que nos recoñezan.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.