MITCFC Amadora

Luns, 01 Xullo 2024 19:00
Eirado do Costal | Auditorio Municipal
  • Compañía: Furafollas Teatro, FEGATEA, LuzAzul, Escola de Teatro de Cangas
  • Procedencia: Galicia
  • Destinado a: Todos os públicos

19:00H EIRADO DO COSTALLA BLANCA NIEVES de Furafollas Teatro.

Agrupación de teatro afeccionado inmersa no centro de rehabilitación psicosocial e laboral da Asociación Doa Saúde Mental en Cangas. Coa súa actividade asemade de divertir ao público pretende, tamén, dar visibilidade ao colectivo de persoas con enfermidade mental severa e contribuír á eliminación do estigma.
Duración: 50'
Todos os públicos
Descrición do evento: O espectáculo traballa na liña de misturar dous contos clásicos: "Blancanieves e Cenicienta". Nieves, filla albina nunha familia proletaria negra, é escrava das súas irmáns quenes a única motivación que teñen na súas vidas é a de divertirse.
 
20:00H. EIRADO DO COSTAL. FEGATEA NA MITCFC.
Descrición promocional persoa ou colectivo: 
A Federación Galega de Teatro Afeccionado está composta na actualidade por 57 agrupacións teatrais representativas das catro provincias galegas, o que constitúe, nestes momentos, a maior estrutura teatral organizada e denota o interese dos grupos galegos en traballar nunha mesma dirección. Cabe destacar que cada unha destas agrupacións contribúe a desenvolver, á súa vez, o movemento cultural e social da súa localidade, onde, en moitos casos, se ofrecen como  única alternativa de programación cultural.
Duración: 60'
Tipo de Público: Todos os públicos
Descrición do evento: 
Representación de tres pezas de microteatro con  diversos contidos e estilos teatrais para amosar o traballo realizado polos grupos da Fegatea
 
20:00H. SALA DE EXPOSICIÓNS  SELVA de LUZAZUL.
LUZAZUL é un laboratorio de investigación dende a expresión e utilizando o teatro como ferramenta.
O seu obxectivo principal é sacar á luz todos os potenciais, cualidades, pensamentos, desexos, emocións e contribuír a coñecernos e que nos recoñezan. Participan no proxecto persoas con diversidade física e intelectual. Co fío condutor do teatro, traballamos conxuntamente: o físico, o mental, o social, o emocional… e, xogando con diferentes disciplinas de expresión,
buscamos o encontro para sentir o pracer de crear.
Duración: 45'
Tipo de Público: Todos os públicos
Descrición do evento: Seres LUZAZUL. Verdadeiros. Habitantes de Selva. Acollen a unha persoa que se sente perdida na "jungla de asfalto". Recórdanlle o que tiña esquecido: Ser no Silencio.
 
21:30H. VESTÍBULO AUDITORIO MUNICIPAL. FUNÁMBULOS, acción da ETC, Escola de Teatro de Cangas.
 

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.