Skip to main content
Estrea en Galicia
  • Domingo, 22 Xuño, 21:00
    Auditorio Municipal
  • Compañía

    Las niñas de Cádiz
  • Procedencia

    Andalucía
  • Dirección

    Ana López Segovia
  • Autoría

    Ana López Segovia
  • Público

    Adulto
  • Presentación

    2025
  • Duración

    70'

LAS NIÑAS DE CÁDIZ é unha compañía de teatro que traballa desde as raíces, fusionando elementos da cultura popular e o folclore con outros da denominada tradición culta. E sempre desde o humor. Para nós, o humor é unha maneira de mirar a vida, de entendela, de sentila… Por máis que os temas abordados nas nosas funcións sexan universais, tráxicos ou profundos, non podemos abandonar nunca a risa, é a nosa maneira de redondear as arestas da vida.


Esta é a historia dun magnicidio. O asasinato dunha Raíña á que todos odian pero á que ninguén se atreve a enfrontar cara a cara. Só unha nai, movida polo ansia de vinganza, será capaz de saltarse todas as normas, dando morte sen ningún tipo de misericordia á muller que estragou a vida da súa filla. Logo virán o balbordo, a conmoción, un xuízo vergoñoso no que todos menten, e unha implacable condena ao esquecemento. A Raíña Brava é a nova produción de LAS NIÑAS DE CÁDIZ, unha traxedia cómica con tinguiduras shakesperianos e con reminiscencias do vello romanceiro castelán. Unha nova volta de porca aos clásicos, sen perder a nosa esencia.

  • Actrices: ALICIA RODRÍGUEZ RUÍZ, ANA LÓPEZ SEGOVIA e ROCÍO SEGOVIA
  • Texto e dirección: ANA LÓPEZ SEGOVIA
  • Espacio sonoro: MARIANO MARÍN
  • Iluminación: BEATRIZ FRANCOS
  • Vestiario: MIGUEL ÁNGEL MILÁN
  • Asesoría coreográfica: MARIANA COLLAZO
  • Dirección de producción: Alejandra López
  • Axudante dirección: JOSÉ CARLOS FERNÁNDEZ
  • Axudante iluminación: AGUSTÍN MAZA
  • Axudante producción: MERCEDES LOZANO
  • Taller escenografía: GUS SAN LORENZO
  • Xastra: HELVIA GUITIÁN
  • Imaxe: GEMMA ALONSO DE LA SIERRA
  • Fotografía: SUSANA MARTÍN
  • Video: FERNANDO CUETO
  • Prensa: CULTPROJECT
  • Distribución: CÉSAR ARIAS MÁRMORE
  • Produción: LAS NIÑAS DE CÁDIZ

  • Agradecementos: ANDREA DELICADO, MANUEL MORÓN, EL ATRIO, ESPACIO DE CREACIÓN TEATRAL e LA ZARANDA.

Á nosa querida MIRIAM SORIANO, in memorian


FaLang translation system by Faboba