Macbett
-
Xoves, 11 Xuño, 21:00Auditorio Municipal
-
Compañía
Aula de Teatro do Campus de Vigo (UVIGO) -
Público
Público Adulto
Nas Aulas de Teatro da UVigo, Teatro de Ningures ofrece unha formación que permite acceder ao alumnado á aprendizaxe das principais disciplinas escénicas: a expresión corporal e vocal, a interpretación, a improvisación, a emoción e a posta en escena.
Completamos esta primeira etapa formativa cunha segunda na que o alumnado traballa, viva e activamente, no proceso creativo da posta en escena dun espectáculo. Un laboratorio teatral que vai dende a elección do texto dramático, lectura e posta en escena ata a estrea e distribución do espectáculo creado. Un intenso traballo que pode ser o berce dunha nova canteira de actrices e actores.
Este achegamento do traballo teatral profesional non está só dirixido ao alumnado universitario senón, tamén, ao persoal administrativo e servizos da universidade e ao conxunto da cidadanía.
Ao longo destes anos, nas Aulas de Teatro crearonse 40 espectáculos, todos eles representados nos campus de todas universidades galegas e do resto de España.
Macbett de Eugène Ionesco é unha traxicomedia inspirada en Shakespeare, que satiriza o poder absoluto e a tiranía a través do absurdo. Nesta versión, Macbett e Banco son xenerais traizoeiros que derrocan un rei tiránico, só para que Macbett se converta nun ditador aínda máis brutal e corrupto, caendo en espiral nun asasinato sen sentido.
A obra combina elementos da trama orixinal de Macbeth co estilo de Ubú Rei de Alfred Jarry, amosando a ambición insaciable, a traizón e a tiranía.
Esta peza é unha alegación contra todas as formas de tiranía e violencia política. Humor macabro e absurdo para amosar o horror do totalitarismo.
Autor: Eugène Ionesco
Tradución: Henrique Harguindey
ELENCO
- Antía Pérez Carballo
- Antón Abal Rúa
- Azael Durán Alonso
- Cecilia Jiménez López
- Choquart Manon
- Juan Diego Comesaña Lorenzo
- Laura Pousada Barrio
- Lidia Gutiérrez Marín
- Lola Matamoro Gómez de los Infantes
- Lucas Campos Rubio
- Miguel Rodríguez Carretero
- Rosa María Molares Alonso
- Uxía Fernández Delgado
- Yerai Orts Covelo
Vestiario: Sonia Rúa
Música: Miguel R. Carretero e Héctor Pazos
Escenografía: Ningures
Iluminación: Héctor Pazos
Imaxe: Diego Seixo
Axudante de dirección: Sonia Salgado
Dirección: Casilda Alfaro e Sonia Rúa