Metodoloxías Carroñeras para Corpos Invertidos
-
Domingo, 28 Xuño, 20:00O Adro Taberna Cultural
-
Compañía
VACAburra. -
Procedencia
Galiza -
Público
Público Adulto -
Presentación
2021 -
Duración
60'
VACAburra. é o resultado da colisión de dúas artistas, Andrea Quintana ·la variopinta· e Gena Baamonde ·mullerona· quenes unen as súas inquiedanzas e traxectorias nun proxecto común que xira en torno á creación escénica e coreográfica en clave contemporánea. O seu traballo está atravesado pola hibridaxe de linguaxes, o feminismo, o humor e a investigación teórico-práctica co corpo como accionador principal das súas creacións. Para nós VACAburra. é un intentar intentando, un baile continuo, un camiño de tenacidade en avance imparable. Saltar o valado do prado, abrir fendas nos muros, forza bruta en estado salvaxe.
Conferencia performativa, bastardia disciplinar, investigación desleal onde se mesturan coñecementos teóricos e prácticos a través do humor, tendo como eixo central a disidencia sexo-xenérica na escena. Un dos obxetivos desta conferencia é pasar polo corpo os coñecementos teóricos manexados dentro da proposta, partindo de diversos conceptos e referentes que nos axudan a conformar xenealoxías diversas, xenealoxías dislocadas que cuestionan a historia escénica heterocentrada. Esta conferencia freak xorde da necesidade de expandir e traducir a linguaxe escénica o proceso de investigación académica da tese doutoral de Gena Baamonde: Sexualidades Des-Xeneradas na Práctica Escénica Contemporánea na busca de carroña metodolóxica e incoherencia corporal. #conferencia #diversidade #identidade #xenealoxías #lgtbiq+ #sexualidade #prácticaescénica #disidencia
- Creación: VACAburra / Gena Baamonde
- Dirección e dramaturxia: Gena Baamonde acompañada por Andrea Quintana
- Texto orixinal: Gena Baamonde
- Coreografía: Andrea Quintana
- Interpretación: Gena Baamonde e Andrea Quintana


