Skip to main content

Nela estaba a forza do mar

Estrea absoluta
  • Venres, 26 Xuño, 20:00
    Capela do Hospital
  • Compañía

    Ana Abad de Larriva, coproduce MITCFC
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Público Adulto
  • Presentación

    2026
  • Duración

    50'

Ana Abad de Larriva é unha artista multidisciplinar (actriz/performer, cantautora e dramaturga) que emprega diferentes linguaxes para confeccionar pezas artesás concibidas como poemas escénicos, nos que a música, o movemento, a palabra e a imaxe converxen en puntadas que combinan a beleza e a crueza para abordar aquilo que a conmove, especialmente en relación coa natureza e o universo feminino. É titulada superior en Arte Dramática, na especialidade de Interpretación Textual, pola ESAD de Galicia; e doutora en Comunicación pola UVigo, cunha tese sobre a construción das bases da presenza a partir do adestramento actoral; e ten formación en canto, piano e danza. Como dramaturga gañou o Premio Abrente, a bolsa de dramaturxia do CDG, o Certame de Microteatro da Memoria e o Premio Roberto Vidal Bolaño, e as súas creacións escénicas resultaron finalistas de certames como o Metro Cadrado do FIOT ou o 67 Graos Ourense Fervescénica do FITO.


"Nela, nelas, estaba a forza do mar. E do monte, das montañas, dos ríos, do vento e das treboadas. A forza da natureza enteira berraba nas súas veas. E nun bater, e nun pechar, e nun escuro... Silencio". "Nela estaba a forza do mar" é unha peza performativa que combina a música, a narración oral cantada e falada, as artes do movemento e as artes visuais para mergullarse dun xeito sensorial na realidade dunhas mulleres cheas de forza que foron marcadas polo tempo.

  • Dirección, dramaturxia, textos e creación escénica e musical: Ana Abad de Larriva
  • Interpretación escénica e musical: Ana Abad de Larriva
  • Fotografía e proxeccións: David Rodas González e Ana Abad de Larriva
  • Asistencia vocal e musical: Sagrario Salamanca e Úrsula Casás
  • Asistencia de dirección: David Rodas González
  • Coproduce: MITCFC


FaLang translation system by Faboba