Skip to main content

MMAA: 25 años en acción

Presentación libro
  • Lugar e data por definir
  • Con

    Mulleres en Acción
  • Procedencia

    Galiza
  • Autoría

    Anna Figueiredo e Clara Castilla

Durante 25 edicións as xornadas de MMAA veñen reivindicando o papel das mulleres na arte, na cultura, na sociedade, na economía, na escena e na vida. 

Este libro recolle as testemuñas das que foron e son protagonistas da revolta pacifica das mulleres no século XX, do cambio orixinado coa súa presenza activa na cultura e en todos os eidos da sociedade, así como a voz das premiadas por esta iniciativa pioneira en aplicar a paridade á súa programación, moito antes de que existisen as actuais leis, e que leva por bandeira a denuncia da marxinación, das inxustizas e as violencias cara as mulleres, na procura dos obxectivos establecidos polo feminismo: a transformación da comunidade desde a cultura, a acción social e o recoñecemento dos nosos dereitos en igualdade.

Este libro está coordinado pola escritora Anna Figueiredo he escrito por ela mesma e a  xornalista, Clara Castilla Freire.

Participan Anna Figueiredo, Clara Castilla e María Armesto.


FaLang translation system by Faboba