Skip to main content

2033 MóstraTeMe: A Mostra ten memoria

Presentación
  • Lugar e data por definir
  • Con

    MITCFC
  • Procedencia

    Galiza

En 2033 a MITCFC cumprirá cincuenta anos e, en 2025, a oito anos vista, iniciamos un proxecto de recordo e documentación da súa historia creando un espazo propio de memoria coa marca MóstraTeMe, con accións e contidos específicos: 

Recollida documental, busca, identificación e dixitalización de documentos relativos á celebración da MITCFC dende a súa posta en marcha. Documentos fundacionais, en mans das persoas fundadoras ou de outras que foron participes dende a súa primeira edición (actrices, actores, compañías, produtoras, equipos técnicos, artistas visuais...)

Testemuñas vivas. Unha parte xa iniciada do proxecto consiste en documentar en vídeo as testemuñas das fundadoras e de outras persoas que participaron ao longo dos anos, colaboraron e impulsaron a súa consolidación como un referente cultural en Galicia.

De aquí a 2033, MóstraTeMe será un contido máis da súa programación: unha ventá aberta ao pasado para dar a coñecer a súa longa e relevante historia.


FaLang translation system by Faboba