Ñiquiñaque
-
Venres, 03 Xullo, 20:00Alameda Vella de Cangas
-
Sábado, 04 Xullo, 20:00Adro de Darbo
-
Compañía
Espectáculos Valente -
Procedencia
Galiza -
Público
Público Familiar -
Presentación
2026 -
Duración
80'
Espectáculos Valente é unha compañía de nova creación composta por alumnos recén graduados na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia. Os seus integrantes son Ángel Blanco e Dani Lago, graduados nas especialidades de Interpretación Textual e Xestual respectivamente, e Roberto Vázquez, graduado na especialidade de Dirección de Escena. O seu primeiro espectáculo, "Ñiquiñaque.", é unha nova posta en escena do texto de Cándido Pazó, no que o teatro pasa a converterse nunha metáfora de moitas vidas precarias e á deriva, sen rumbo fixo ante un futuro incerto. Un texto que tamén é unha declaración de amor ás artes escénicas, e que revisita os clásicos referenciando non só a Shakespeare, senón tamén á tradición do teatro ambulante, ao clown ou á Commedia dell'Arte.
Cosme e Damián, dous cómicos ambulantes a punto de disolver a súa compañía, reciben unha chamada do Gran Duque coa oferta de realizar un espectáculo para celebrar o seu vinte aniversario de casados. Ante a grande oferta económica, os cómicos comezan a ensaiar unha peculiar versión de Romeo e Xulieta. Todo isto mentres continúan a súa viaxe nun motocarro avariado. No seu camiño sairán os seus conflitos internos e reflexións existencialistas, amparadas na precariedade dos cómicos da legua. Ñiquiñaque é unha nova posta en escena do texto de Cándido Pazó, no que o teatro pasa a converterse nunha metáfora de moitas vidas precarias e á deriva, sen rumbo fixo ante un futuro incerto. Un texto que tamén é unha declaración de amor ás artes escénicas, e que revisita os clásicos referenciando non só a Shakespeare, senón tamén á tradición do teatro ambulante ou á Commedia dell'Arte, todo isto con fortes doses de retranca e diálogos aparentemente absurdos que ocultan a súa complexidade.
- Dirección: Roberto Vázquez
- Texto: Cándido Pazó
- Elenco: Ángel Blanco, Dani Lago
- Espazo sonoro: Marqués de Vilapodre


