Na máis pura tradición dos grandes dúos cómicos como Arlequín & Briguela, Footit & Chocolat, Stan Laurel & Oliver Hardy, Jerry Lewis & Dean Martin, elas son Anna de Lirium e Colette Gomette, unha poderosa combinación de dúas pallasas en feminino.
Desde hai máis de 25 anos, cada unha delas percorre escenarios e festivais internacionais, rúas e corredores de hospitais, co mesmo personaxe que se foi encarnando co tempo e que adquiriu solera! Son dúas solistas, mestras da arte do clown visual, que unen aquí as súas forzas. A relación é rica e ofrece unha gran variedade de situacións!
Unha crese máis intelixente e a outra é o suficientemente estúpida como para crela. A gran Anna é unha bola de afecto, sempre disposta a facer o que sexa para existir aos ollos da outra, mentres que a pequena Colette reclama liberdade e autonomía, sen ser ela mesma capaz de facelo.
Unha ten o poder do tamaño, a outra o poder da velocidade. Están unidas como o yin e o yang, ámbalas dúas necesítanse mutuamente, sempre en busca da distancia correcta. Espello das nosas humanidades, entrégannos as vicisitudes das relacións humanas. O exceso de amabilidade, os desexos ocultos, o egocentrismo, malogran a súa amizade. Estes seres cándidos emocionan e alcanzan o universal.