Osmose
-
Xoves, 26 Xuño, 22:00Auditorio Municipal
-
Compañía
Mercedes Peón -
Procedencia
Galicia -
Dirección
Mercedes Peón e Peque Varela -
Autoría
Mercedes Peón -
Público
Adulto -
Presentación
2021 -
Duración
60'
Compositora, vocalista e instrumentista galega, Mercedes Peón é considerada como unha das mulleres máis carismáticas do circuíto da world music actual. A súa música achega unha variedade compositiva que arrinca desde a polirritmia, baixo a mirada dos ritmos máis ancestrais, culminan en temas eclécticos e descaradamente vibrantes. O seu amplo repertorio, e a enerxía que se apodera de cada unha das súas actuacións, fan desta artista unha figura fundamental da escena etnocontemporánea en Europa.
OSMOSE é a primeira peza híbrida de Mercedes Peón, unha proposta audiovisual, performativa e musical na que se acompaña das artistas Peque Varela e Laura Iturralde. A osmose é un fenómeno físico polo que unha materia medra ou muda de densidade ao pasar a través dunha membrana. Facendo metáfora, Mercedes Peón constrúe un relato crítico sobre os efectos do capitalismo nas nosas vidas. As protagonistas son as traballadoras das fábricas de Pontesa e das conserveiras galegas, persoas que proveñen de microhabitats autosuficientes, onde os corpos pre-xénero vivían en acordos de creación colectiva. Osmose é unha mirada ao proceso do cambio de densidade, do desaxuste e do reaxuste consciente, que non abatido, destas formas de vida ás lóxicas impostas do capital; unha homenaxe ás súas resistencias, e tamén unha reflexión sobre a dor de decatarse que estas novas formas suponen un cambio radical no xeito de entender a vida.
- Mercedes Peón: Idea orixinal, composición musical e interpretación
- Peque Varela: Dirección escénica e intervención visual
- Laura Iturralde: Arquitectura lumínica e artista en escea