Patricia Vázquez. Actriz
Compostelana de nacemento, leva máis de 30 anos neste oficio.
Rostro ben coñecido dos telespectadores galegos, polos seus traballos en series como Padre Casares ou Era Visto.
Empezou como actriz no C.D.G., onde participou en varias producións como Yerma, Como en Irlanda, A Lagarada ou O Ano do Cometa.
Ten traballado en outras compañías galegas, como Teatro da Lúa, Escola Dramática Galega, Teatro do Morcego, Redrum ou Contraproduccións.
Actriz de grande vis cómica, que destaca nos papeis dramáticos, como na Compañeira de piso e, ultimamente, en Excéntricas Producións con O Porco de pé ou O Auto do Castromil.
Realizou grandes xiras como monologuista xunto a Carlos Blanco.
En 2023 recibe o premio Maruxa Villanueva de Interpretación polo seu traballo no Porco de pé.