No ano 2001 Nao d'amores nace como colectivo de profesionais procedentes do teatro clásico, dos títeres e da música antiga, que baixo a dirección de Ana Zamora, veu desenvolvendo un labor continuado de investigación e formación para a posta en escena do teatro medieval e renacentista. En setembro de 2023, Ana Zamora recibe o Premio Nacional de Teatro do Ministerio de Cultura de España, pola súa recuperación do patrimonio teatral español.
El castillo de Lindabridis é unha comedia novelesco-cabaleiresca de gran artificio (linguaxe poética elaborada, música, danza, seres fantásticos, disfraces …), construída sobre un enredo propio das comedias de capa e espada. Calderón adapta nesta peza a temática cabaleiresca ao seu propio contexto teatral e crea un xogo palaciano de aires carnavalescos no que o Barroco se descubre a sí mesmo a través dun Medievo soñado polo Renacemento.
A princesa Lindabridis, para herdar o trono de Tartaria, deberá casarse cun cabaleiro que venza ao seu irmá Meridián nun torneo. Para elo, na busca do marido que mellor se axuste ás súas necesidades, viaxa polo mundo nun castelo voador.