Skip to main content

Premio Mulleres en Acción 2026

Entrega Premio
  • Venres, 03 Xullo, 22:00
    Auditorio Municipal
  • Con

    ÚTE-pías Feministas
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Todos
  • Duración

    10'

UTE-pías Feministas é un colectivo formado polas entidades Atalaias, Arabías, Feitoría Verde, Illa Bufarda e a Libraría Lila de Lilith, cuxo primeiro proxecto é a creación de narepublicamalva.gal, un espazo virtual que recolle a investigación arredor de Lola Ferreiro Díaz, referente na psiquiatría, na docencia, na recuperación da memoria e un piar dos activismos feministas na Galiza. Lola confrontou todo o que consideraba inxusto e loitou polos dereitos das mulleres. Acompañou a moitas persoas e institucións, creando unha rede de afectos con vínculos que continúan logo do seu pasamento.


PREMIO MULLERES EN ACCIÓN 2026 AO COLECTIVO, UTE-PÍAS FEMINISTAS, Por idear e levar adiante a iniciativa SAÚDE, PRACER, REPÚBLICA E TERRA MALVA, un complexo proxecto de investigación e memoria colectiva que ten como obxectivo rescatar, preservar e difundir o legado da psiquiatra, educadora e feminista, LOLA FERREIRO DÍAZ, cuxa traxectoria vital, intelectual, profesional e activista é referente para os feminismos e inspiración para o conxunto das mulleres e da sociedade galega.



FaLang translation system by Faboba