Presentación dos libros que recollen unha boa parte da nosa historiografía teatral • Alicerces taeatrais en Galiza; unha achega de fontes fundamentos e feitos (1952-1975) • Teatro Estudio de Ferrol e proxección da mediametraxe: As muletas, rodada en 1968 escrita e dirixida por Eduardo Alonso. Participantes: Francisco Oti, Eduardo Alonso e Julio Fernández (Editor). Editorial: ®Invasoras
Trala edición de Alicerces teatrais en Galiza; unha achega de fontes, fundamentos e feitos (1952-1975) que é parte do proxecto “Recuperación do patrimonio teatral de Galiza 4 (1936-1973)” da UDC, foi espertando en nós certa curiosidade por algúns dos procesos teatrais que ían xurdindo no micelio do pouso historiográfico teatral que estabamos a recuperar, e que comezaron a coller forma co estudo pormenorizado dos datos no proceso de investigación. Entre todas as variables posibles, comezamos a sentir curiosidade por varios grupos espallados pola nosa xeografía que, ao noso entender e como hipótese, reunían condicións para seren xermolo do teatro galego actual; entre eles destaca un grupo que residiu en Ferrol nos anos sesenta: O Teatro Estudio de Ferrol. Nese proceso apareceu unha mediametraxe en 8 mm. escrita e dirixida por Eduardo Alonso en 1968 na que participan actrices e actores o Teatro Estudio que se proxecta trala presentación dos libros.