A Cia. Maria Andrés é unha compañía emerxente que leva desde 2017 investigando a arte do clown, o xesto e a poesía visual. Xerando espazos onde volver o persoal vólvese artístico. Durante estes anos virou por salas e festivais a nivel nacional e internacional, traballando con detalle e amor para contar historias que toquen o corazón dos espectadores, facéndolles rir e chorar de emoción.
Caerse e levantarse. Caerse e levantarse. Caerse e levantarse. E, no medio de todo iso, seguir soñando, seguir xogando e, sobre todo, seguir ríndonos de nós mesmos. Porque, entre caída e caída, quen non se namora?