Redes

Venres, 05 Xullo 2024 22:00
Auditorio Municipal
  • Compañía: Las Ansiadas Producciones
  • Procedencia: Madrid
  • Dirección: José Piris
  • Autoría: Las Ansiadas Producciones
  • Destinado a: Público adulto
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2020
  • Duración: 60'

A Compañía

Las Ansiadas Producciones nace en 1997 froito da paixón por facer teatro, como lugar de encontro onde poder construír unha sociedade máis humana, crítica e pracenteira.

A compañía busca un constante diálogo co seu entorno social, político e persoal, establecendo relacións escénicas textuais, coreográficas e xestuais desde o movemento, a palabra e o autobiográfico, para situarse nas liñas que separan o teatro da vida, a ficción da realidade, coa premisa de converter a práctica escénica nun atrevemento que abrace a potencia do fracaso para desde aí tentar sortear as fórmulas xa establecidas.

Sinopse

Redes é un exercicio de teatro xestual ao máximo nivel. Desde o movemento, a comedia e o audiovisual, Las Ansiadas Producciones achegan unha proposta realmente interesante sobre o modo no que estamos conectadas. Un ser descoñecido que provén dun obxecto non identificado e dun lugar incerto vén para amosar o camiño cara a "verdade", a historia dun humano calquera, coas súas necesidades, os seus desexos, soños e intereses vitais a modo de espello da vida de cada un de nós.
Que sensacións emerxen cando vemos cara a cara a nosa realidade?
Somos donos dos nosos propios desexos?
Somos propietarios dos nosos soños?
Somos realmente o que dicimos ser?
Que pasará cando nos deamos de conta de que estamos sostidos por fíos invisibles?
Que pasará cando queiramos cortar eses fíos?

Ficha artística

  • Actor: José Luis Montiel Chaves
  • Dirección: José Piris Pereda
  • Produción: EMOVERE Teatro
  • Coprodución: El Vodevil (Pepe Viyuela y Elena González)
  • Axudante de dirección: Camila Viyuela González
  • Deseño de iluminación: Ángel Cantizani
  • Deseño de son: David Roldán Oru
  • Escenografía e vestiario: Paloma De Alba Chaves
  • Deseño gráfico: Mario Ruz
  • Títeres: Emilio Samino Utilería: Helena Argüello

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.