Suite Ronsel 25
-
Xoves, 02 Xullo, 20:00Sala Exposicións Auditorio Municipal
-
Compañía
Teatro en punto, coproduce MITCFC -
Procedencia
Galiza -
Público
Público Familiar -
Presentación
2026 -
Duración
60'
Teatro En Punto é unha compañía que comezou a súa traxectoria no ano 1996 co nome de Teatro Bruto. Nesa primeira etapa acometeu as montaxes Cachorros sen domesticar (1996), Interruptus I, II e III (1997-1999, en colaboración con Pífano, S.L.), Detritus Corazón (1997), Ninguén chorou por nós (2000), EN PUNTO (2002) e Agnus Patris (2003). En 2007 muda, GLORIA RICO queda como responsable de TEATRO EN PUNTO. Avanza coa peza de teatro infantil con Merenda de Libros; post drama, de Afonso Becerra, con 9999 e UNHA ROSA ENTRE AS PERNAS. No 2018 segue apostando polo post drama con MARGARITA. A peza Palabras EN PEDRA sobre textos de Valle-Inclán;AMIGOS , VIAXES, LENDAS... OCA, ópera para nenos e con nenos No 2025 Invocación de Tyler McKechnie e Gloria Rico. Tamén co-produce con Oístes? Teatro Olladas Converxentes teatro inmersivo no Museo Centro Gaiás ao abeiro das exposicións de Boris Savelev e Castelao.
Este espectáculo nace pola necesidade de lembrar. Lembrar ós nosos poetas e lembrar a nosa historia, esa que parece difuminarse nos libros de texto dos nosos rapaces e rapazas, desinformándoos do que pasou no século XX. Para logralo, nós trataremos o tempo que vai desde a xeración poética do 25 (1925), no marco da dictadura de Primo de Rivera, e que levaremos ata o século XXI (2025), baixo a batuta das voces que nos axudarán a darlle forma a este percorrido sensible e metafórico: da tráxica Guerra Civil e esa posguerra de sangue e fame, á transición que desembocou na democracia actual, entre outros datos históricos relevantes. Os poetas sempre van diante dos acontecementos, e cando estes xorden, acompañan e reflexionan sobre aquilo que viven. Por iso este espectáculo diríxese directamente ós rapaces e rapazas, que por non se sabe moi ben qué, ocultoúselles e silencioúselles unha realidade histórica da que agora parecen ser os culpables de descoñecer, cando este coñecemento negoúselles por decreto tácito. O culpable é o silencio institucional, social e ata familiar. Polo tanto, quizais ó facilitar eses datos históricos por mediación da metáfora poética, os poida axudar a nomear aquilo que descoñecen.
- Xénero: Dramedia con música
- Público preferente: Rapaces e rapazas adolescentes (entre 14 e 17 anos)
- Duración estimada: 60 minutos
- Autor: Xavier Picallo
- Dramaturxia e dirección: Xavier Picallo
- Interpretación: Xavier Picallo, Gloria Rico, Sabela Dacal, T. Mc (actor/técnico en escena)
- Creación musical: Sabela Dacal
- Iluminación: TEP
- Fotografía e Cartel: Diego Seixo
- Produción: TEP
- Acompañamento: MITCFC
- Distribución: Gloria Rico