Skip to main content

Tavole

  • Venres, 26 Xuño, 20:00
    Alameda Vella de Cangas
  • Compañía

    Zirko Txosko
  • Procedencia

    Galiza-Euskadi
  • Público

    Público Familiar
  • Presentación

    2024
  • Duración

    55'

Zirko Txosko créase ao coñecérense Ariñe Azkue e Óscar Páez na escola de circo Oreka (Pamplona), na que se formaron durante tres anos. Alí aprenderon diferentes técnicas de circo así como malabares, equilibrios, aéreos, clown, interpretación, creación... Despois tomaron diferentes camiños até que o actor, clown, docente e director Walter Velázquez lles botou unha man na dirección do espectáculo Chosco! Logo de debutar con Chosco!, Zirko Txosko crearon outros tres espectáculos xuntos, Forzu2, OH-PERA e Tavole e participan tamén en compañías como Cair e Pistacatro.


Levantarse co pé esquerdo significa que todo vai ir mellor... claro que peor é imposible. Tavole é un espectáculo que xira en torno a 2 personaxes, un ritmo vertixinoso e un montón de mesas, que os levará a situacións tan cotiás como surrealistas onde aparece a acrobacia, as técnicas aéreas, a maxia e o humor. Moitas situacións cotiás da vida acontecen arredor dunha mesa, pero a velocidade do día a día, o ritmo de vida, o estrés, que non te deixa sentar a unha mesa a pensar e reflexionar, é aí cando as cousas máis sinxelas da vida pódense complicar, cousas como saír de casa sen roupa, ou que as mesas se rebelen! Unha loca e divertida aventura para todos os públicos na que o circo aparece de forma disparatada, a acrobacia, o risco e a sorpresa están presentes, e onde o público será partícipe do xogo para que todo saia ben. Un show cercano, interactivo para o público e divertido no que xogarse a vida é a única opción.

  • Elenco: Ariñe Azkue, Óscar Páez
  • Dirección: Aritza Rodríguez
  • Escenografía: Jose Luis Canete
  • Vestiario: Estudio 14
  • Apoio na creación: Centro artístico ZAWP
  • Acompañamento na produción: Artaide


FaLang translation system by Faboba