Skip to main content

Vostede, que quere?

Estrea absoluta
  • Domingo, 05 Xullo, 19:00
    Comercio Son da Terra
  • Compañía

    Teatro en punto, coproduce MITCFC
  • Procedencia

    Galiza
  • Público

    Público Adulto
  • Duración

    15'

Teatro En Punto é unha compañía que comezou a súa traxectoria no ano 1996 co nome de Teatro Bruto. Nesa primeira etapa acometeu as montaxes Cachorros sen domesticar (1996), Interruptus I, II e III (1997-1999, en colaboración con Pífano, S.L.), Detritus Corazón (1997), Ninguén chorou por nós (2000), EN PUNTO (2002) e Agnus Patris (2003).
En 2007 muda, GLORIA RICO queda como responsable de TEATRO EN PUNTO. Avanza coa peza de teatro infantil con Merenda de Libros; post drama, de Afonso Becerra, con 9999 e UNHA ROSA ENTRE AS PERNAS.
No 2018 segue apostando polo post drama con MARGARITA.
A peza Palabras EN PEDRA sobre textos de Valle-Inclán;AMIGOS , VIAXES, LENDAS... OCA, ópera para nenos e con nenos
No 2025 Invocación de Tyler McKechnie e Gloria Rico. Tamén co-produce con Oístes? Teatro Olladas Converxentes teatro inmersivo no Museo Centro Gaiás ao abeiro das exposicións de Boris Savelev e Castelao.


Unha parella, un Vendedor experimentado e monosilábico e unha compradora, a Señoraben-Verborreica, A Clienta, atópanse no negocio de venta ó público (un comercio de proximidade do pobo escollido para tal ocasión, con preferencia por xoiarías ou bazares con mostrador, con xénero inanimado, cousas ou enseres...). A Clienta chega do exterior e saltándose a cola preceptiva comeza a pedir, a esixir, a querer, a desexar… cousas… lícitas ou ilícitas, que o vendedor atende con devoción e eficacia. Á hora de marchar e dado o tamaño dos pedidos, a clienta esixirá un sherpa-recadeiro que o vendedor ofrecerá, escollido entre os sherpa-recadeiros-espectadores que no despacho se atopan. Será este recadeiro do gusto da Señora Clienta?

Por que
O cambio producido por occidente neste século de aranceis e postverdade como xeito de mentira institucional e mediática, fainos replantexarnos a lei da oferta e demanda como motor socioeconómico.

Para que
Para reflexionar sobre o que necesitamos como clientes e usuarios do primeiro mundo, o coñecido como estado do benestar, que se plantexa a liquidez do ser humano de provincias e racializado á prol dun estereotipo caucásico xenéticamente uniformado, e polo que parece, mentalmente eivado. En tonalidades laranxas.

  • Texto: Xavier Picallo
  • Dirección: Xavier Picallo
  • Interpretación: Gloria Rico e Xavier Picallo
  • Cartel e fotografía: Diego Seixo
  • Produción: TEP
  • Colabora: MITCFC
  • Xénero: Cabaret literario golfochic

FaLang translation system by Faboba