Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

  • MITCFC
  • Novas
  • 'The primitals': "O premio xa foi ver ao público en pé despois do espectáculo"

'The primitals': "O premio xa foi ver ao público en pé despois do espectáculo"

'The primitals' fíxose co Premio do Público da 37 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. O espectáculo, da compañía madrileña Yllana & Primital Brothers, foi estrenado en Galicia o venres 17 de xullo e levantou unha incrible ovación dun público posto en pé ao final da obra. Adri Soto é un dos catro protagonistas deste espectáculo de música a capela, xunto con Íñigo García Sánchez, Pedro Herrero e Manu Pilas. Con el falamos do seu paso pola Mostra, de Galicia e da cultura na era post Covid-19. 

"Flipamos bastante". Así di que recibiron os protagonistas de 'The primitals' a noticia de que gañaran el Premio del Público. Adri Soto recordou que a actuación en Cangas era a primeira que realizaban desde o 6 de marzo, despois de pasar polo confinamento e todas as fases da pandemia até alcanzar a 'nova normalidade'. "Tivemos que adaptar o espectáculo ás normas e a verdade é que se perdeu certa forza. Certa maxia", explica o artista. Despois de máis de catro meses sen saír ao escenario, "estabamos moi nerviosos e bastante desentrenados. Era a primeira vez que viamos ao público con mascaras", engade. Ao principio, "crimos que ía ser moi frío", sen embargo, incluso coas bocas e o nariz cubiertos, comprobaron como os espectadores se divertían. Rían. Aplaudían e se emocionaban. Para eles, "xa foi un premio ver como a xente se puña de pé ao final do espectáculo".

Adri Soto conta que, durante o confinamento, estiveron constantemente en contacto todos os membros da compañía. "Falamos case cada día para consolarnos e para intentar animarnos", di, aínda que os ensaios non os puideron retomar até poucas semanas antes do estreno en Cangas. "Necesitabamos xuntarnos para adaptar o espectáculo e poñernos en forma". Ademais do traballo actoral propiamente dito, en 'The primitals' xoga un papel decisivo a voz, xa que se trata dun espectáculo con cancións a capela. Soto recoñece que as voces "intentamos controlalas cada un na súa casa, facendo exercicios para evitar que se afloxara a musculatura". 

'The primitals' chegou a Cangas despois da súa estrea en outubro de 2016. Durante estos case catro anos, realizaron aproximadamente 500 funcións por toda España. E o éxito sempre os acompañou. A Galicia chegaron tres días antes da actuación na Mostra. Estiveron disfrutando dos amigos, o bo tempo, as praias e a paisaxe das Rías Baixas. Adri Soto asegura que os días que pasaron en Galicia nunca os esquecerán. "Disfrutamos do mar, o bo clima, e, sobre todo, dun público co que temos unha conexión moi especial". Sen dúbida, o sentimento é recíproco.