'A leituga' e os conflitos familiares
Un reparto de excepción enriba do esceanario do Auditorio Municipal de Cangas. Xose Barato, Mercedes Castro, Antonio Duran “Morris”, Federico Pérez e María Vázquez son os actores e actrices que protagonizan a obra de teatro 'A Leituga', da compañía galega Eme2, dirixida por Víctor Duplá.
Cinco familiares, tres irmáns e as parellas de dous deles, reúnense na casa da irmá maior para celebrar o aniversario do pai, que se atopa en estado de coma dende hai nove anos. O que de primeiras semella unha sinxela celebración, convértese nunha encarnizada poxa por ver quen se responsabiliza dos coidados do pai.
'A Leituga' aborda en clave de humor un conflito familiar polo que todos pasamos ou pasaremos nalgún momento nas nosas vidas. Que facer cos nosos pais cando se achegan á morte?