A terapia das palabras da man de Carme Abizanda
Carme Abizanda, profesora de Literatura Dramática na Escola Superior de Arte Dramática de Galicia, onde imparte clases desde o ano 2006, ofrece, dentro do Programa Mulleres en Acción da Mostra de Cangas, o obradoiro 'A terapia das palabras: O pracer de crear'. Ao longo de dous días, Abizanda ofrece este obradoiro que ten como obxectivo "atopar os cauces a partir dos cales as nosas testemuñas nos permitan explorar desde a ficción e desde o xogo".
Esta actividade vai dirixida especialmente ás socias de Adicam (Asociación de Diagnosticad@s de Cancro de Mama). Carme Abizanda explica que a experiencia propia "é unha vía de coñecento pero tamén un camiño para a creación no que a dor do vivido transformase no pracer do creado".