Teatro Guirigai representa 'Libro de buen amor'
Teatro Guirigai Chega leva aos escenarios unha versión coral do libro do Arcipreste de Hita. Unha comedia de Agustín Iglesias para celebrar a vida. A obra 'Libro de buen amor' mostra á comparsa do Arcipreste celebrando a procesión da Virxe e a fertilidade da terra. Xograresas e xograres anuncian os praceres do Bo Amor e o bo humor tan necesarios para as artes da sedución. Diante do público representan a xuventude inexperta do Arcipreste namorado de cristiás, moras e xudeas; os alegres consellos de don Amor e dona Venus; as historias dos amantes preguiceiros; a historia de Pitas Payas; os amores de don Melón e dona Endrina; a astucia de Trotaconventos; o combate entre don Carnal e dona Cuaresma… A Comparsa despídese ata a romaría seguinte celebrando a Morte Alegre de Trotaconventos.
Estas son algunhas das fotografías da representación en Cangas: