'Concerto con fusión', de Píscore
Premio do Público no Festiclown 2017 e 2019, Premio Domingos do Principal de Pontevedra, Píscore é quen de levar a todas as prazas e teatros a mellor comedia musical e xestual. O xoves 29 de xuño estiveron na Praza da Constitución de Cangas interpretando 'Concerto con fusión', en colaboración coa Banda Belas Artes de Cangas. Trátase dun espectáculo que mestura música, teatro, humor, comedia xestual, clown e participación do público. Cunha marimba como eixo principal do espectáculo, 'Concerto con Fusión' incorpora diversos matices musicais, cunha vocación popular e con cabida para diferentes ritmos, como música latina, rock & roll, reggae, pop ou música disco. Catro músicos, descoñecidos, de estilos moi diferentes, chegan ao palco cos seu instrumentos.
Aquí están algunhas imaxes da representación na 40 Mostra.