'Hoxe si!', divertimento con linguaxe clown de Marta Iglesias
Sempre Arriba é a compañía de clown e circo de Marta Iglesias, artista multidisciplinar galega. A Mostra acolleu o sábado a estrea absoluta do espectáculo 'Hoxe si!'. unha representación que engaiolou a pequenos e maiores nos Xardíns do Señal. A obra mostra un triángulo por espazo de xogo, obxectos que soben baixan e flotan no aire. Música, os temazos e temones da nosa vida. Houbo circo, un micro, moitas ganas e moita actitude. 'Hoxe Si!' é unha invitación a xogar, a desfrutar, a soltarnos e desinhibirnos por un día, a vivir celebrando o momento presente. Porque a vida é agora. Un espectáculo en linguaxe clown con acrobacia aérea, e sobretodo moito humor.
Estas son algunhas imaxes da actuación: