'In petto', a xenialidade dun dúo de pallasos belga
Okidok é unha compañía de teatro belga que se deu a coñecer internacionalmente co seu debut 'Ha ha ha', representado máis de 500 veces arredor do mundo e aínda de xira. Son un dos grupos máis sorprendentes e creativos do clown europeo actual.
En 'In Petto', OKIDOK redescubre o traballo dun dúo de pallasos non verbal, guiado por un teatro xestual cunha estética asertiva. Neste espectáculo, a busca dun espazo de xogo traxicómico mergulla ás personaxes en situacións con ecos existencialistas.
Estas son algunhas imaxes do seu espectáculo onte en Cangas.