María Ruído, protagonista de Mulleres en Acción

 

María Ruído foi a protagonista indiscutible da primeira das xornadas de Mulleres e. n Acción. En primeiro lugar, inaugurábase na Capela do Hospital a exposición '4 Performances'. Ao acto asistiron ademais da artista, a directora da Mostra, María Armesto; e a alcaldesa de Cangas, Araceli Xestido. A exposición de María Ruído poderá verse até o 7 de xullo, en horario de 19 a 21.30 horas

 

Despois desta inauguración, foille entregado o premio Mulleres en Acción, "en recoñecemento ao seu excelente labor artístico, no que utiliza a arte cinematográfica dun xeito orixinal, inexplorado e cunha linguaxe propia" segundo destacou Armesto. 

Por último, proxectouse no Auditorio Municipal de Cangas a súa súa última película, a conferencia-performance 'Las reglas del juego', que consiste nunha conversac entre ela e a escritora e activista Brigitte Vasallo. Nesta entrevista, filmada en Can Marquès (Palma), profundízase nas dificultades, conflitos e contradicións de clase e de xénero que se producen no mundo laboral do ámbito artístico e cultural e como, desde unha perspectiva persoal e íntima, se intenta darlles resposta.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.