Skip to main content

Lila Star brilla en Cangas [GALERÍA]

 
 
Beatriz Rubio Mejía é a artista multidisciplinar de orixe madrileña que está detrás da Cía SinTriz. Comezou nas artes escénicas na escola de circo madrileña de Carampa, para máis tarde especializarse en acrobacia de dúo e equilibrio de mans na Escola Nacional de Circo de Kiev, Ucraína. 
 
O espectáculo de Lila Star chegou o pasado domingo a Cangas cun show cargado de circo, funky e humor. Esta artista obsesiva da cor lila e o brilli-brilli percorre o mundo na súa bici para mostrar en cada praza as súas habilidades como artista, equilibrista e ama da pista.
 
 
FaLang translation system by Faboba