Lista de matriculados Curso de Interpretación de Víctor Duplá
O luns 3 de xullo dará comezo na Casa da Cultura de Cangas o curso de interpretación para profesionais impartido por Víctor Duplá, actor profesional e director de teatro de orixe cántabro. Once son as persoas matriculadas para asistir a este curso, que terá unha duración de 30 horas lectivas e finalizará o sábado 8 de xullo. O horario do obradoiro será de 10 a 15 horas. A reserva da praza formalizarase mediante o ingreso do importe do taller (130€ alumnado activo e 40€ alumnado oínte) entre o martes 20 de xuño e o luns 26 de xuño, ambos incluídos, sendo imprescindible enviar copia do pago da matrícula ao correo electrónico da MITCF : Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.. A continuación, damos os nomes das persoas matriculadas:
Celia González Pico
Noelia Toledano
Silvia Mª Romaus Blanco
Miguel Ángel Blanco Calvar
Tamara Canosa
Casilda Alfaro
Sonia Rúa
María Salgueiro
María Costas
Isabel De Toro
Víctor Duplá formouse na Escola de Arte Dramática de Santander e na Escola Internacional do Actor Juan Carlos Corazza (1999-2004). Traballou como actor en teatro, cine e televisión. Foi dirixido por Juan Mayorga, Sergio Peris-Mencheta, José Martret, Jorge Coira e Carlos Saura, entre outros. Actualmente, compaxina o traballo de actor co de director, coach e profesor de interpretación. Entre as numerosas series de televisión nas que participou están Pazo de Familia (TVG), El Ministerio del Tiempo (TVE), La Embajada (Antena 3), Serramoura (TVG), Carlos V, Rey Emperador (TVE) e Hospital Real (TVG), entre outras.
Víctor Duplá afronta o obradoiro coa intención de axudar a descubrir aos participantes como é a estrutura mental dos personaxes que deben interpretar: Como pensan, como se relacionan coas súas emocións, co seu instinto, co intanxible ou espiritual, como se moven, cales son as súas virtudes e os seus defectos, as súas luces e sombras. Na medida na que os actores e actrices coñecen cal é a súa personalidade expresiva, condicionada pola idade, sexo, lugar de procedencia, educación, cultura e experiencia vital, poderán comprender e expresar outro comportamento diferente ao seu, xa que explorar e coñecer a propia personalidade expresiva axudará ao actor ou actriz a baleirarse de si mesmos e encherse doutros que non son eles mesmos e así estar ao servizo da historia que o autor quere contar. Duplá teno claro: O actor debe ser un instrumento libre e afinado que canaliza o personaxe para contar a historia.