Skip to main content

Arte e artesanía danse a man na exposición 'Fíos e Flores'

A exposición de Sandra Bastón (Fíos) e Julia Rodríguez (Flores) poderá visitarse até o vindeiro 5 de xullo na sala de exposicións do Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela. Trátse dunha exposición que combina o traballo e a paixón destas dúas artistas e que serve para arrancar a programación das xornadas de Mulleres en Acción da 43 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas.

A directora da MITCFC, María Armesto, explicou que esta exposición é a proba palpable de que, ás veces, as fronteiras entre arte e artesanía están cada vez "máis difusas", ensalzando o traballo de Bastón e Rodríguez e cualificándoas como auténticas "mulleres en acción". Na inauguración da mostra tamén estivo presente a alcaldesa de Cangas. Araceli Xestido destacou a beleza das obras, calificando o traballo que se pode ver no Auditorio de "soberbio".

Ao rematar a presentación, actuou o grupo de pandeireta infantil As Figueiriñas da Asociación Cultural Lembranzas da Ría.

FaLang translation system by Faboba