A idade do Cacifo

Xoves, 04 Xullo 2024 22:00
Auditorio Municipal
  • Compañía: PERIPECIA TEATRO
  • Procedencia: Vila Real, Portugal
  • Dirección: José Carlos García, Sérgio Agostinho
  • Autoría: Élio Ferreira, Filipe Moreira, José Carlos García, Noelia Dominguez, Sérgio Agostinho, Tiago Santos
  • Destinado a: Xuvenil
  • Estrea: Estrea en Galicia
  • Presentación: 2023
  • Duración: 70'

A Compañía

Cooperativa cultural sen fins lucrativos, fundada no 2004. En 2007 establecémonos na aldea de Coêdo, concello de Vila Real.
Somos un colectivo que cre que a arte non é só entretemento. Cremos na arte como un camiño para atoparnos a nós mesmos, así como o noso papel na aldea, no barrio, na cidade, no mundo e no espazo infinito que se comproba existe no ceo exterior. Nesta complexidade de mundos, exteriores e interiores, cremos que a Arte desempeña un papel indispensábel para que todos teñamos o (noso) mellor mundo.
No plano teatral realizamos creación de autoria orixinal, a miúdo ausente no traballo de interpretación, procurando desenvolver a nosa propia linguaxe estética. Circular coas nosas creacións por variados espazos e públicos sempre foi unha vontade declarada.
En máis dunha década e media de actividade contínua presentamos o noso traballo en numerosos teatros, salas independentes, festivais, prazas de cidades e aldeas de países como Portugal, España, Brasil, Arxentina, Francia e Cabo-Verde.

Sinopse

A peza mergullase no mundo da adolescencia, que vive murada por regras impostas por adultos: pais, profesores, escola, estereotipos ou os seus propios conflitos interiores, medos e anhelos. Durante 70 minutos, seguimos, ora en apneia, ora nun respirar de riso. Desfilando medos, anhelos, dilemas, conflitos propios e cos demais. A música e o canto ditan a tensión emocional, o conflito interior e expresan a rebeldía, a necesidade de provocar, de se expresar e de se afirmar. “A idade do Cacifo” é unha alianza do cómico e o serio (moi serio!), o desexo de deixar pouco por dicir e, ao tempo, de apuntar co dedo e cauterizar feridas. Hai pais que non queren ver e os que, obstinados, impoñen regras, hai agresores e vítimas, hai quen sobrevive e quen sucumbe. Hai quen sae do armario, perdón, do cacifo, e quen por medo, inercia, prexuízo propio ou alleo, se deixa ficar. “A idade do cacifo” é o espello en que nos vemos mozos e adultos, o efecto catártico chega coa gargallada e o enfrentamento.

Ficha artística

  • Creación e interpretación: Élio Ferreira, Noelia Domínguez, Sérgio Agostinho e Tiago Santos.
  • Música Orixinal (en directo): Tiago Santos
  • Dirección e Creación: José C. Garcia e Sérgio Agostinho
  • Dirección Técnica, Deseño de Luz e Son: Nuno Tomás 
  • Figurinos: Cláudia Ribeiro (Com José C. Garcia) 
  • Escenario e Maquinaria de escena: André Rodrigues 
  • Dirección de Produción: Sérgio Agostinho e Noelia Domínguez 
  • Axudante de Produción: Patrícia Ferreira 
  • Dirección de Produción: uSérgio Agostinho e Noelia Domínguez 
  • Axudante Produción: Patrícia Ferreira 
  • Deseño gráfico e Comunicación: Alexandra Teixeira
  • Fotografia: Lino Silva 
  • Vídeo: José Miguel Pires

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.