Fóra de programa

Domingo, 25 Xuño 2023 23:59
  • Compañía: annafigueiredo.gal
  • Procedencia: Galicia
  • Autoría: Anna R. Figueiredo
  • Tipo: Crónica
  • Destinado a: Todos os públicos
  • Duración: 25 Xuño - 8 Xullo

Fóra de programa é unha crónica anárquica da MITCFC na que se combinan as imaxes da vila de Cangas, o protagonismo das espectadoras, os pequenos detalles que poden alterar a percepción do espazo actoral, a importancia de que chova ou vaia sol á hora de deixar atrás as praias e acudir á sesión de tarde na rúa… E o teatro, claro. Tamén o teatro.

É posible que sen falar de teatro a escena ocupe a parte principal deste caderno de viaxes que porfía en non ser carne de crítica e tenta sobrepasar o status de conversa de bar. Sexa como for, quen non poida ir á Mostra atopará nestas páxinas unha testemuña persoal e intrasferíbel do que deixou atrás. Quen vaia poderá atopar outro punto de vista co que dialogar ou discutir e quen no futuro por vir -que palabra- atope estas anotacións dunha cronista rapunante enredada na estética do drama e da palabra, pode descubrir unha Mostra que perdura na memoria de quen pasamos quince días vivindo entre o teatro. Ese espello que nos devolve a realidade de quen, e o que somos.

Fóra de programa é un acto de espionaxe e voyeurismo sobre os pensamentos que non sempre son complacentes dunha espectadora á procura do Teatro vivo, dunha pensadora na búsqueda da ollada crítica, dunha soñadora pescudando na arte. Un artefacto narrativo creado en exclusiva para a 40 edición da MITCFC e para todxs vós.

Anna R. Figueiredo

Escritora, espectadora a tempo parcial e profesora de matemáticas a tempo indefinido. Colaboradora na revista de debate e pensamento Tempos Novos en coordinación co deseñador gráfico e artista plástico Diego Seixo, que algunha imaxe deitará tamén neste obxecto dixital para as mentes curiosas e as teatreiras valentes.

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.