Sobre o extravío ou a arte de perderse

Venres, 28 Xuño 2024 20:00
Sala de exposicións Auditorio Municipal
  • Compañía: Furia Sotelo
  • Procedencia: Galicia
  • Dirección: Ana Vallés
  • Autoría: Ana Vallés
  • Destinado a: Adulto
  • Estrea: Estrea absoluta
  • Presentación: 2024
  • Duración: 50

A Compañía

Furia Sotelo é a transformación de Licenciada Sotelo dentro de lóxica mutación vital e artística. Licenciada Sotelo aparece en 2010 como contedor dos traballos promovidos por Nuria Sotelo; nunha procura dunha linguaxe escénica ecléctica, multidisciplinar, dirixido a todo o organismo do espectador. Co corpo e o movemento como centro e enriquecéndose de distintas disciplinas e colaboracións con artistas do ámbito da danza, música, artes visuais e do pensamento.

Sinopse

Un só de danza sobre a importancia do lugar, sobre o que non se ve pero está, sobre o esquecemento necesario e a arte de perder. Ou de perderse. Como se empeza? Como se empeza despois de dicir que quizais chegou o momento de calarnos?. Empézase polo lugar. Se o lugar é camiñable, favorécese o tránsito, chegará un momento no que o camiñante deambule, se detéña, se despiste e con sorte se extravíe e chegue onde non previra. Este traballo é parte dun percorrido profesional compartido que comeza en 2009 e inclúe traballos de dirección de Ana para a compañía de Nuria, Furia Sotelo, e traballos de Nuria como intérprete para a compañía de Ana, Matarile, así como colaboracións compartindo escena para o Festival de Poesía Respira e para o Festival Escenas do Cambio.

Ficha artística

  • Dirección: Ana Vallés
  • Intérprete: Nuria Sotelo
  • Deseño de iluminación: Laura Iturralde
  • Técnico de luz: Coco
  • Produción: Furia Sotelo
  • Distribución: Amarelo
  • Comunicación: A&B comunicación
  • Fotografía e vídeo: Rubén Vilanova

No video selected.

Contacta coa MITCFC

Auditorio Municipal de Cangas
Avenida de Lugo, 36940 Cangas, Pontevedra

Tel.: +34 986 30 41 08
Descargar información como: vCard

Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.
© MITCFC. Todos os dereitos reservados.
Deseño: Diego Seixo.