II Encontro de Teatro e Educación en Cangas
O mércores 15 de xullo, celebrouse o II Encontro de Teatro e Educación , unha iniciativa da Mostra de Teatro Cómico –Festivo de Cangas que aposta por promover un diálogo entre axentes pedagóxicos e teatrais co fin de facer unha posta en común ao redor da realidade e práctica da expresión dramática. Este ano o diálogo estivo centrado na Educación Infantil e na Educación Primaria, contando coa participación de mestres e mestras de ambas etapas.