Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

'The primitals': "O premio xa foi ver ao público en pé despois do espectáculo"

'The primitals' fíxose co Premio do Público da 37 edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. O espectáculo, da compañía madrileña Yllana & Primital Brothers, foi estrenado en Galicia o venres 17 de xullo e levantou unha incrible ovación dun público posto en pé ao final da obra. Adri Soto é un dos catro protagonistas deste espectáculo de música a capela, xunto con Íñigo García Sánchez, Pedro Herrero e Manu Pilas. Con el falamos do seu paso pola Mostra, de Galicia e da cultura na era post Covid-19. 

'The primitals', Premio do Público da XXXVII Mostra

O espectáculo 'The primitals', da compañía madrileña Yllana & Primital Brothers, gañou o Premio do Público desta XXXVII Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC). Este ano, de maneira excepcional e por razóns de seguridade pola pandemia da Covid-19, a votación non se fixo directamente en urna despois de cada obra, senón que elixiouse un comité integrado por representantes do Concello de Cangas, de asociación cultural Xiria, do equipo organizador da Mostra e do público.

'Chis' Oliveira: "Non hai pornografía boa"

Mercedes Oliveira Malvar, por todos coñecida como 'Chis', recibe mañá o Premio Mulleres en  Acción 2020. Chis é unha das principais referencias no campo da educación sexual con perspectiva de xénero. O seu traballo, pioneiro e afastado dos estereotipos, foi recoñecido co Premio Irene do Ministerio de Educación en 2011. Mercedes Oliveira explica que recibir este premio fai que se sinta "moi emocionada e recoñeida porque sempre é unha satisfacción recibir un premio, pero facelo en Cangas conleva unha alegría engadida porque aquí fun profesora e dirixín un grupo de teatro co que levamos a cabo espectáculos moi potentes". Engade que, ademáis, ten colaborado en moitas ocasións con xente directa ou indirectamente vinculada á Mostra. 

II Encontro de Teatro e Educación en Cangas

O mércores 15 de xullo, celebrouse o II Encontro de Teatro e Educación , unha iniciativa da Mostra de Teatro Cómico –Festivo de Cangas que aposta por  promover un diálogo entre axentes pedagóxicos e  teatrais co fin de facer unha posta en común ao redor da realidade e práctica  da expresión dramática. Este ano o diálogo estivo centrado na Educación Infantil e na Educación Primaria, contando coa participación de mestres e mestras de ambas etapas.

A ‘Nova realidade’, a debate por profesionais das artes escénicas

A Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) reuníu a profesionais de diferentes ámbitos relacionados coas artes escénicas para falar sobre a ‘Nova realidade’ que vivimos pola crise da Covid-19. Foron dúas mesas de debate onde abordar de fronte a problemática do sector e atopar unha saída a unha crise que se suma a outras anteriores e das que, con moito esforzo, o teatro conseguíu saír, reforzado transformándose, evolucionando e avanzando.