Programación XXXVII MITCFC
Abrimos esta edición para sentir o latexo do público. Das nenas e nenos, das familias, das persoas maiores, das que viviron soas o desastre da pandemia, das xentes de Cangas, do Morrazo, de Galicia, de calquera rincón da terra que se acheguen a esta vila acolledora, festiva e de luz, de mar e de area, a esta vila que leva no sangue o BECHO DO TEATRO.
Abrimos esta edición co corazón posto nas xentes do teatro. Amor eterno e gratitude por ser un exemplo de solidariedade, polo seu encomiable labor de servizo público. Xogaron un papel extraordinario e xeneroso durante o confín, agasallándonos con textos, teatro infantil, xogos e contos, óperas, espectáculos on line… Entraron nas nosas casas, entretiveron ás nosas nenas e nenos, ao conxunto da sociedade, fixeron moito máis agradable a nosa vida confinada e non recibiron aplausos. Artistas que viven en constante intermitencia, que non teñen nin terán un salario mensual que tranquilice as súas vidas. Cómicas e cómicos que, ao igual que o público, levan no seu ADN o becho do teatro, recibirán agora o merecido aplauso.
Abrimos as portas e o corazón de Cangas ao teatro, esa arte viva, única, onde artistas e público respiran ao unísono, creando un único corpo, un só corazón.
Benvidas e benvidos! A Mostra vai comezar!