Demo

As novas da Mostra

Toda a actualidade da MITCFC, para que non te perdas ningunha información sobre os nosos espectáculos, eventos e demais actividades.

Récord absoluto de participación na 36 Mostra de Teatro

A 36 Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) pechouse cun récord absoluto de participación. Entre o 28 de xuño e o 6 de xullo, unhas 12 mil persoas asistiron como público nos espectáculos programados en diferentes prazas, rúas e espazos do concello morracense, así como nas representacións no Auditorio municipal. A participación deste ano supón un importante incremento con respecto ao ano anterior, no que a cifra rondou as 9 mil persoas. 

'Electra', da Compañía do Chapitô, Premio do Público 2019

O Premio do Público da XXXVI edición da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas (MITCFC) recaeu na obra ‘Electra', da Compañía do Chapitô. O espectáculo, que recibiu un 4,77 sobre 5, foi representada pola compañía portuguesa o pasado xoves, 4 de xullo, no Auditorio de Cangas

‘Electra’ recibiu ao finalizar unha grande e pechada ovación do público da MITCFC, que valorou a calidade interpretativa, orixinalidade e bo facer dos actores Jorge Cruz, Susana Nunes e Tiago Viegas.

A Asociación Juan XXIII, premio do Revoltallo en Pedra

Este ano, a Mostra de Teatro cómico e Festivo contou coa valoración dun xurado composto polas actrices Helena Varela e Se Rial. As modalidades que se deron cita no espazo Revoltallo en Pedra foron a Danza, o Teatro e a Música. Todas elas encheron os recunchos do Concello de Cangas cunha extensa e gratificante participación, amosando cada un deles o mellor do seu traballo, adicación, esforzo e paixón.
 

Ses e Cadaval, protagonistas da inauguración

O acto de inaguración da Mostra Internacional Cómico e Festivo de Cangas tivo dous protagonistas absolutos. En primeiro lugar, fíxose entrega do Premio Mulleres en Acción 2019 á cantante e compositora María Xosé Silvar, Ses. Posteriormente, celebrouse o pregón a cargo do actor e dramaturgo Quico Cadaval.

Enma Pino, sentida homaxe a unha artista polifacética

A XXXVI edición da Mostra non puido ter un comezo máis sentido. Máis cheo de sensibilidade e sentimento. Familiares, amigos e admiradores da obra da pianista e compositora Enma Pino (Tui 1958- Vigo 2014) achegáronse o xoves 27 de xuño ata o Auditorio Municipal de Cangas para rendir un sentido tributo á súa obra. Á súa persoa. Ao seu singular xeito de entender a música e a cultura. Xa de nena, e sen coñecemento algún de música, tocaba todo canto instrumento tiña na man, piano, guitarra, flauta... e estuda danza, tamén.

Despois de estudar piano e combo no mítico Taller de Músics de Barcelona, regresa a Galicia cunha idea fixa, facer música e tocar o piano, con furia, como só ela sabía tocar. Gáñase a vida percorrendo Galicia con diferentes orquestras converténdose nunha das primeiras mulleres instrumentistas sobre un escenario.